MARC

Moedas alternativas: O Chouzo (Vigo) é unha comunidade de propietarios dunha vivenda á que lle facía falla traballos de rehabilitación. Pagan Chouzos por hora de traballo e trocan Chouzos por euros investidos en materiais para a reconstrución. Quen menos Chouzos teña, terá prioridade para traballar na reconstrución e cobrar os seus servizos en Chouzos, cos que poderá pagar servizos doutras persoas da comunidade co obxectivo de igualar as contas e eliminar a moeda. Existe unha necesidade de consensuar cales serían as actividades que xerarían unha moeda propia. Unha vez rematado o proxecto, destrúese a moneda, liquidando a súas débedas en intercambio de servizos. Relación dos Chouzos co espazo A Cova dos Ratos (Vigo): Tamén se admite o Fío, moeda creada no espazo social Cova dos Ratos para o servizo de restaurante. A Cova dos Ratos paga os servizos de traballadores en Fíos que o traballador poderá gastar e trocar por comida na Cova dos Ratos. Por que aceptan Chouzos na Cova dos Ratos? O traballador que cobra 6 Fíos hora na Cova dos Ratos usa os seus Fíos para os trocar por outros servizos externos con que lles interese ter un "crédito" no restaurante da Cova dos Ratos.

Ecofeiras: Mercados de intercambio por exemplo en Cataluña. É unha práctica social moi extendida. Mercados de troco que implementan unha moeda propia. Un colectivo organizador dun mercado de troco crea un mercado de productos ecolóxicos no que non se pode mercar con euros. Terán que trocar os euros por Ecofeiras (só válidas para o día de mercado) ou Ecos (moeda local que se aplica sempre en determinados estabelecementos nos que se admite o pago do prezo dos produtos nunha determinada porcentaxe de Ecos). Se mercamos a proveedores externos coa moeda do mercado de troco, poderemos captar máis membros da comunidade da moeda alternativa. Compraríase ó proveedor que máis porcentaxe de moeda acepte.

Outras moedas alternativas:
Chiemgauer.info
Un metro cadrado. Solucións habitacionais
Moneda oxidable, que perde valor co tempo para evitar a acumulación e que poden recuperarse con menor prezo, o que incentiva o consumo.
Cooperativa Integral Catalana
Eco-coop
Sistema CES. Software que xestiona a moeda catalana

FIARE
O proxecto Fiare é unha rede de cooperativas finaceiras e unha ferramenta comunal. Partindo do movemento ecolóxico e de consumo reponsable, o colectivo persegue a emancipación financeira para que o movemento sexa máis efectivo. A banca ética é un proxecto de intermediación financeira e ofrece servicios a persoas e organizacións que buscan unha proxección común, social, ambiental e detrimento dunha proxección do capital. Os pontos clave do proxecto son xustiza, identidade, territorio, non lucratividade (garantido por un control salarial) e insuficiencia (dereito ao crédito universal). Fiare colle todos estes principios e se atopan en proceso de crecemento e difusión. O seu capital social é de 3 millóns de euros. De que se diferencia Fiare a outros proxectos de banca ética? Pola transparencia e participación. Todos os trámites se basan nunha simplificación da linguaxe bancaria e polo completo control sobre que empresas e actividades económicas se financian cos nosos aforros. Existe unha comisión de avaliación ética e social a nivel autonómico para decidir sobre a idoneidade dos proxectos e unha comisión económica nivel nacional que avalía a súa factibilidade monetaria. O proxecto eríxese tamén sobre o principio de lexitimidade colectiva. O mellor aval -entenden eles- é o mesmo colectivo que o sustenta.

En Galicia son 120 persoas físicas e 20 asociacións (50.000€ de capital social) 2011 foi o primeiro ano en que Fiare, desde 2005, non ten perdas a nivel nacional. Por exemplo, no caso da banca ética italiana que ten case 15 anos de experiencia, xa ten un número de rexistro -que é o que che permite facer intermediación financeira legal-. No caso de Fiare, para cumprir este requisito, están pendentes de chegar á cifra dos 5 millóns de euros requeridos polo Banco de España. O produto finaceiro que máis éxito ten en Fiare é unha libreta na que o aforrador doa a produtividade dos seus xuros á organización.

A meta de Fiare Galicia neste ano 2012 é financiar o seu primeiro proxecto galego. De momento, non hai demanda suficiente e todavía non se produxo esta financiación pioneira. Para facerse socio o capital social mínimo é de 300€ e un fondo perdido de 30€. Para colectivos serían 900€ en total e 1.800€ en total para organizacións e institucións. Un dos obxectos últimos de Fiare é coadxuvar no proceso de regularización de certos traballadores autónomos e asociacións que posúen problemas de financiación, sempre desde a óptica da banca ética e solidaria.

ANDAIME
Andaime é unha plataforma galega que artella distintos proxectos desde os campos da intervención social e cultural a partir de varias liñas: a promoción da lingua e cultura galegas no ámbito da lusofonía, creación de espazos e plataformas para a dinamización, o impulso de valores como a igualdade entre as persoas con independencia da sua condición, a interculturalidade, a responsabilidade medioambiental e o respeito aos povos e ás diferentes culturas. Organizan mercadillos, actividades participativas e lúdicas, de compostaxe, cuidado de hortas e de autonomía alimentar e nas festas do seu bairro. O seu vindeiro proxecto é galicia en tránsito, un proxecto de intervención social baseado no intercambio e a cooperación.

UN COUCE Á SAIA
É unha colectivo de Chantada que aúna unhas 25 persoas que veñen de diferentes ámbitos da sociedade civil (Attac e 15M, entre outros). Tratan temas que van da saúde ambiental local á sanidade pública, da lóxica do decrecemento ás desigualdades sociais. Reivindican a anulación das lóxicas de culpa e perdón para recomezar unha visión da sociedade baseada na aprendizaxe colectiva e o intercambio de coñecementos. Traballan de acordo á escala da súa vila (en estreito contacto con grupos de Sarria e Monforte), procurando financiar as súas actividades a través do traballo voluntario e do paradigma histórico de relación entre o individuo e o seu medio. Nas súas palabras, buscan un empoderamento do individuo que sirva para transformar a sociedade desde un punto de vista próximo e veciñal.

GZI COOPERATIVA
GZImaxinaria é un proxecto cooperativo en cernes que está tendo lugar en Galicia. Surxe das necesidades dunha serie de profesionais que se atopan nun punto común e deciden formarse e estruturarse xurídicamente en termos cooperativos.

Presenta Sweena. Gzi reúne os intereses de diferentes persoas e grupos relacionadas coa investigación e experimentación cultural en Galiza. Partimos dunha situación de precariedade laboral e dunha relación coas instancias moi informal. A cooperativa pensamos que pode ser unha ferramenta ou vía para mellorar esta situación.

O punto actual é unha disyuntiva entre dúas vías posibles, difíciles de conciliar porque inmplican modelos normativos con diferencias importantes.

dun lado, unha cooperativa de usuarios (defende esta opción manhauser).

Pensa que esta opción, con todo ser a menos intuitiva, xa que non parte dunha mellora da nosa productividade, senon dun cambio desde o lado do consumo ou do usuario, é a máis eficaz.
O exemplo de empresas de usuarios, como Facebook ou tweeter, que non venden un produto, senón unha forma de organizarse (nunha comunidade de uso ou consumo)... e iso vende. Teñen un benficio indirecto.
As fontes de ingresos, virían por varias vías:
- cotas dos socios, que significaría un grado cero de liquidez e incorpora á coop o crowdfounding
- publicidade (en ferramentas como a canle.rtv, e limitada a iniciativas comprometidas có consumo responsábel e negocios locais).
- programa de formación e investigación
- GZI como matriz de produción que se vende/factura ao marxe

do outro, unha cooperativa de servizos (defende esta opción Ania)
-

Os produtos a usar de maneira mancomunada serían: cousateca + rede de espazos + canle rtv + autobús hacker
As dúbidas sobre a coop de servizos: profesionalizar o traballo e introducirse no mercado cando hai existe unha situación de precariedade absoluta, con inestabilidade nas institucións e os orzamentos, recortes, ... etc.

A zona de consumo/consumación estaría máis relacionada con copyleft, libre acceso a persoas físicas, comunidade de uso, pertencemos á cultura, non nos pertence, é unha cultura libre.

Ademais a Coop de usuarios tamén permite a contratación de traballadores (nun porcentaxe determinado)

Como puntos negativos da coop de servizos: a imposibilidade de integrar como socios a persoas físicas...

Doutro lado, estaría unha cooperativa de servizos (defende esta opción Ania).
Deixando a un lado as consideracións conceptuais, xurídicamente e en canto ao seu réxime económico, hai poucas diferenzas entre os dous modelos.
A diferencia, en todo caso, é que unha coop de servizos, non vende un produto, senón que lle facilita o proceso de produción aos seus socios.

VENRES 17
XOGO DE INVERSIÓN (Mark)

En relación co tema das moedas alternativas imos facer unha rolda de presentación de proxectos que valorar e otrogarlles puntos para identificar criterios posibles de valoración.
Entre os proxectos presentados haberá que repartir 100 puntos totais co obxectivo de identificar as claves do inversión participativa ou goberno p2p

Proxectos:
  1. Gardería Psiconauta 500€
  2. AUTOBÚS HACKER: 5.000€-7.000€
  3. Cousateca: a vontade
  4. PROGRAMA DE ESTUDOS 60.000€ anuais
  5. Feitoría verde 30.000€ anuais
  6. Adlantida canle RTV: 4.700 - 6400 €
  7. ...

Dinámicas do xogo:
  • Individualmente cada un de nos aportará un total de 100 puntos globais ós proxectos oficiais ou os que engada individualmente e que non poderán ter inversión pública ou colectiva por falta de coñecemento.
  • Comezamos coa rolda de presentación de proxectos.

GARDERÍA PSICONÁUTICA
Experiencia de formación no consumo responsable de drogas e nas súas consecuencias persoais, formatvias e experiencias.
Relación co territorio específico vinculado con otros proxectos transversalmente como o autobús hacker.
Centrado nas drogas legais, combatendo ó capitalismo do mercado negro destas drogas.
Relación lúdico-recreativa , experimentación e formación en contextos creativos co asesoramento dun grupo de persoas coñecedoras do entorno (médicos, farmacéuticos, etc)

AUTOBÚS HACKER
Proxecto de movilidade e espacio público vinculado a Galicia e a unha rede de espazos xa aberta e activa. Dobre emprego do autobús: movilidade e transporte e doutra banda a implementación dos espazos que participan desa movilidade. O autobús chega a un espazo e instaura unha temporalidade de ivestigación neses espacios. O autobús pode transportar elementos materiais ou ferramentas que forman parte da cousateca, proxecto co que estaría en relación. Implementaría a movilidade, crearía intensidades e transportaría persoas. Tería unha ruta determinada nunha folla de ruta dixital que contería información dos proxectos e contidos do autobús.
2.5000 euros de custe do autobús. Oportunidade de inversión. A reparación do autobús e a instalación do equipo necesario prolongaría o orzamento ata os 5000 ou 7000 para o primeiro ano do proxecto.Posteriormente existirían os gastos de mantemento.

COUSATECA
Proxecto de software para facer unha plataforma que faga o papel de biblioteca pero que permita que sexa un espazo distribuído no que podes recoller cousas e gardalas ata que as pidan. é unha biblioteca de cousas para partillar. O Orzamento é a vontade, empregarase este beneficio para o pulo do proxecto que se fai por vontade e desexo persoal e sería benvido como aporte afectivo para os desenvolvedores deste tipo de iniciativas.

PROGRAMA DE ESTUDOS

Proxecto de autoemprego, formación e transformación social. Elaboracion dun programa de formación de crítica da cutura contemporánea. Feito polo grupo mais achegado, de teóricos, activistas xa adicados en Galicia a este tema. Contaría coa cesión dun dos espazos da rede galega: sen custo. Orzamento para prestación de salarios a 8 docentes mais administradores. Varias modalidades: 1) un só modulo de 480 horas divididas en seis meses, cun custo de 600 euros; 2) dividido en 4 módulos diferentes, de contidos específicos, a 250 euros por módulo; 3) obradoiros concretos de 15 horas de formación en contidos xerais, cun custo de 50 euros. Precisaríase unha ratio de: 15-20 alumnos matriculados en modulo anual; 10 alumnos por módulos ;e 5 alumnos de media por obradoiros, para que sexa económicamente sustentable. Salario de mil euros brutos para o equipo promotor, para comezar. Trátase de ofrecer nun territorio como Galicia, unha formación especializada inexistente hoxendía: crítica cultural, museoloxía, xénero, tecnoloxía, etc. Concibido como construción colectiva horizontal de coñecemento procomún, territorializado e localizado xeográfica e políticamente.

FEITORÍA VERDE

Proxecto que pretende manter dous salarios cuns requisitos laborais mínimos e os gastos fixos. Proxecto de agroecoloxía de posta en marcha dun sistema agroexolóxico mesturado cun ámbito de educación ambiental e social. Pensado para o ámbito rural no que se ofrecería formación infantil, adolescentes e adultos que é un públcio non tido en conta na oferta oficial. Crear este proxecto ligado a aspectos de desenvolvementos laboral no ámbito do emprego verde e que se desenvolva de forma participada de forma coordinada e dinamizada polo equipo de Feitoría Verde con experiencia na creación de planos estratéxicos no sector

ADLANTIDA RTV

Radio televisión online baseada nun servidor streaming e nunha biblioteca. As usuarias terían unha canle cada unha que podería ser incrustada no medio de cada usuaria e que mediante un rss se puidese publicar toda a actividade. Tamén tería unha canle na que habería unha grelha.


RESULTADOS OBTIDOS (por porcentaxes segundo o capital dispoñible):

  1. Gardería Psiconauta 500€ :::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::: 4,6 %
  2. AUTOBÚS HACKER: 5.000€-7.000€ ::::::::::::::::::::::::::::::: 17,8 %
  3. Cousateca: a vontade :::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::: 17,5 %
  4. PROGRAMA DE ESTUDOS 60.000€ anuais :::::::::::::::::::: 22,1 %
  5. Feitoría verde 30.000€ anuais :::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::: 17,2 %
  6. Adlantida canle RTV: 4.700 - 6400 € :::::::::::::::::::::::::::::::: 17,2 %
  7. ... (sin definir - caixa común) ::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::: 1,1 %
  8. ... (outro proxecto definido) :::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::: 0,5 %

Hai que ter en conta outras posibilidades, como introducir unha variable que dea prioridade maior aos proxectos que estean a pouco de acadar o seu financiamento.

Tamén se pode facer o mesmo xogo pero por categorías, é dicir, invertir por porcentaxes segundo temáticas (tecnoloxía, educación, etc...), asignando proxectos a categorías e tendo en conta que se pode incluir unha taxonomía relacionada por grados (o autobús se relaciona en grado 1 coa cousateca, en grado 2 co programa de estudos, etc)

Os proxectos poden ter tamén porcentaxes de desvío segundo esa prioridade de relacións con outros proxectos.

Outro punto é qué sucede cando un proxecto non acada o límite de financiación, pero sí un porcentaxe importante. Aí pode activarse os porcentaxes de desvío, ou ben préstamos temporais a proxectos afíns do porcentaxe acadado.

Pode darse o caso de que se decida un proxecto estratéxico, polo que se extraería unha especie de imposto (por porcentaxe) de cada unha das inversións.

PRESENTACIÓNS:

- Planteta Namec,
A pesar unha empresa, SLU, achégase moito a dinámica de traballar de colectivos, etc.

Conciben a empresa cun crecemento ecnómico finito, sen tentar conseguir un rendemento económico de por sí. Están comprometidos co entorno social, pero tendo presente que son unha empresa. Están especializados en desenvolvemento técnico de eventos e producións audivisuais. Nun contexto difícil e nunha época difícil.
Non creen na competencia empresarial, senón na cooperación e o desenvolvemento común de proxectos. Tentando sempre aprender deles e chegar ao punto onde poden estar agora outras empresas.

Comezaron no sector porque lles aportaba riqueza persoal, pero comezaron a ver unha posibilidade de converter o traballo nunha forma de subsistencia.
A estrutura é unha S.L.U, na que Marcos é empregado do titular da empresa, o seu compañeiro, que é autónomo.

Están a favor da tecnificación dos procesos, onde entran as novas tecnoloxías como factor de innovación. Buscando máis alternativas.... etc. Teñen o principio de que se quedan sen déficit, xa é un logro. Camiñan cara a orientación multidisciplinar, sen barreiras entre artes plásticas, sonoras, visuais, etc. Con proxectos a presentar a produtoras máis grandes ou concellos, etc.

Están tentando crear imaxe, ou un sello de calidade, un pouco ao xeito de Sinsal Audio, que ten un prestixio e público afianzado. O camiño é facer propostas totalmente distintas, seminarios para 20 persoas, mestura de sonoro e cine, etc. Creando unha comunidade ou incidindo nunha xa creada, pero sen a aspiración de sustituir o competir có mercado creado por outros, buscando unha especie de monopolismo. De comezo, se afasta das institucións, aínda que entenden que deben aportar apoio loxístico (espazos, proteción civil, etc...). Presentan sempre eventos básicamente sostibles.

Participan de dinámicas que saben horizontais pero tentan aportar e apoiar estruturas horizontais.
Segundo o seu análise, as empresas con máis medios son as que máis crecen, pero cren nas posibilidades de valor das ganas, do esforzo militante. O feito de non perder cartos apórtalles riqueza, unha satisfacción de traballar no sector que lles apasionan. Aínda que traballan subcontratados, é o caso do castañazo rock, ofrecen un produto de custes pechados, se o asumen ben, senón non. Pero a aspiración é traballar en reparto de custes e reparto de riscos, por exemplo o que están a cociñar con Sinsal. Agora traballan por exemplo con Aula de Ideas. Proxectos colaborativos. Están centrados no territorio da Costa da Morte (eles son de Cee e Fisterra), alí teñen feito seminarios, casi de maneira voluntaria, e teñen relacións accesibles cos concellos.

Creen que si se lles esixe ao público asumir o risco coa súa entrada dun proxecto que supostamente é rendible pero estraño, se poden ofrecer outra programación tamén de calidade pero gratuíta en outros espazos. Non apostan pola programación de receitas experimentais en contextos locais que estean condeadas a morrer, senón dunha inclusión en apostas ou circuitos globais. Sen centrarse só nas posibilidades de respaldo nos contextos locais.

En canto ao que fan:

- produción de eventos (tanto en pequenos eventos como inxeridos en equipos técnicos de eventos e xiras de maior escala).
- queren levar máis alá o concepto de concerto illado (que só sexa iso) e apostar por formatos máis multimedia...
- integran as artes visuais nestes eventos, con compañeiros e colaboradores que poden aportar matices moi interesantes aos eventos.
- tamén na produción audiovisual tentan aceptar encargas incluso de grandes produtoras.
- teñen coñecementos básicos de márketing e comunicación, que tamén poñen como capacidade.
- con experiencia tamén no ensino tanto no tratamento de imaxe como na luminotecnia, etc.
- teñen feito workshops con artistas conceptuais adicados a público adulto ou a público de idades temperás ("para coller futuros clientes" :)
- teñen equipo de iluminación e grabación propio, no que fixeron unha inversión moi importante, e que é algo diferencial para o tamaño da súa empresa.
- traballan tamén para corporativos, unha grande productora madrileña ...

ARCO ATLÁNTICO
Presentación de Beka do proxecto de Arco Atlántico parte dos Summer Labs que xorden do Summer Lab de Laboral Gijón como autonomización do proxecto. O obxectivo é que as persoas e o coñecemento circulen libremente polo eixo Altántico. Aproveitando o carácter Europeo da proposta (trans europeo) é pedir un financiamento específico. A proposta de debate é unha proposta de autonomía no que se está a facer. Unha autonomía reticular que convive co institucional. Os diferentes nodos: Grupo Pin (Nantes) unha cooperativa con acordos e convenios específicos para actividades formativas en distintas institucións. Teñen pedido orzamento para o summer lab en Nantes. Arteleku en Donosti sería outro dos nodos que aproveitará o tema de Donosti 2016 coma capitalidade da cultura. Outro nodo sería o galego, no Alg-a Lab Valadares outros nodos estarán en Sevilla e en Casablanca.
O proxecto está a elborar protocolos de comunicación, difusión e financiamento común.
Beka lanza unha cuestión para o debate: O exemplo das colaboración con diferentes capitalidades da cultura que aportan financiamento que fan que as actividades resulten gratis para os consumidores pero cómo se vai manter esa actividade unha vez remate a colaboración coas capitalidades culturais. ¿Cómo manter a sostenibilidade económica?

RUBÉN MARTÍNEZ

Os protocolos e plans estratéxicos determinan as formas en que os axentes culturais se relacvionan entre eles. O traballo de YP analizaba estas relacións, convencións e oligopolios que determinan que se faga unha cultura e non outra. Que se quere decir cando dicimos industrias creativas, como se organiza un discurso economicista na cultura? Eles investigaron o concepto de innnovación inmerso na esfera cultural. A innovación é un abrazo entre os dous sectores que desde este punto, serán interdependentes e cambian o paradigma do mercado tradicional.

A creación dun contexto innovador, como ocorreu na cidade de Cáceres, que implementou a crenza de que todos os veciños son innovadores. baseaba a innovación na identidade e a pertenza a unha comunidade. Ten que ver coa actitude, se cambias a túa actitude podes xerar novos negocios que levanten a economía. O capital simbólico, que xera a idea de que un segmento pode ser rentable aínda que que non sexa un negocio probado, exténdese no caso da cultura, neste caso cultura corporativa potenciada polo concello local e o resto das institucións que interveñen sobre as economías locais. O discurso do emprendedor cultural, que moviliza outras formas de financiación non institucional e realiza unha loa ao esforzo non remunerado (paixón, dedicación...), é en certa medida algo que hai que explorar.

Rubén explica que en realidade eles sempre se consideraron unha empresa. Sen embargo, a súa relación con colectivos militantes deu en que a eles tamén se lles viu dentro deses parámetros. Pero gracias a este vínculos surxíu Empresas del Procomún, un proxecto presente que busca a socialización dos recursos entre colectividades empresariais. Defende a idea de que a xestión empresarial pode basearse no compartir recursos, pero hai que ter en conta o seu carácter exploratorio, de investigación e reflexión antes que puramentre organizativo en práctico.

O seu modelo de negocio é moi requerido. Invitados en moitas ocasións a congresos, o seu éxito é visto en según que círculos como algo case milagroso, estraño, pero aproveitable. Eles rexeitan exportar un modelo de éxito, que non se debe tanto ás técnicas empregadas como a un contexto propicio e pouco explotado que emerxiu en pouco tempo.

Defínense a sí mesmos como produtores de contexto antes que de bens ou servicios. Por iso, o seu emprego de licenzas libres e difusión na rede. Téñense atopado con situacións difíciles onde o seu traballo non foi comprendido. Nos ámbitos puramente empresariais, que contaban coas súas reflexións para congresos e cursos, atopábanse con que os discursos eran completamente opostos.

Atopa que en foros como o que nos ocupa (Economía e Cultura na Cidade da Cultura) sempre se dan por suposto determinados termos que en realidade conteñen o obxecto da crítica. Por exemplo, o caso do emprendedor, que moitas veces encubre un discurso neoliberal que nin tan sequera advertimos.

MIGUEL PRADO

Miguel é músico improvisador e leva dous selos de música experimental con licenzas anti-copyright. Tamén promoven concertos e programacións a través da produtora Sinsal, posto que eles non están constituídos de ningunha forma xurídica. Nzumbe é o proxecto que ven presentar. Nace coa idea de facer un disco de cancións conceptual e profundizar na cuestión e viabilidade do crowdfunding. Nzumbe: Grotesque Position é unha especie de antidisco que nace da crise e das respotas que a cidadanía. Tamén é unha crítica á temporalidade destas plataformas, que priman os proxectos rentables a corto plazo. As recompensas que Miguel Prado ofrece están encamiñadas á destrución do seu propio disco e a identidade do artista. Cada aportación determina a forma final do disco, ata a súa propia destrución, alteración ou omisión. Con setecentos euros compras a autoría do disco completa, con 1.300 destrúese o disco finalmente.

Por outra banda, Miguel xoga a carta de exprimir as ferramentas de comunicación e distribución cultural para levalas ás súas últimas consecuencias. O feedback, na súa opinión, ten que recuperarse, refacerse nas relacións e no rigor que internet e os novos medios están colaborando a desfacer, ou cando menos, desfigurar.

DEBATE:

[...]