PROGRAMA E PARTICIPANTES


XOVES 1

10:30-14:00 Corredores BBAA
PRESENTACIÓN III ENCONTRO OFF: CULTURGAL OFF FEIRA IMAXINAIRA
FEIRA:AXOUXERE, AMALGAMA, REVISTA NÚA, BALEIRO , ALG-A , ESTALEIRO (por confirmar) UNIVERSIDADE INVISIBEL , NON OU EDICIÓNS (por confirmar), INVERSA TEATRO.

16:00-18:00 Aula BBAA Espazo 10
Presentacións
GZImaxinaria cooperativa (Equipo promotor)
Cooperativa de servizos. Dentro dos tipos de cooperativas o modelo que máis se achega á producción cultural é o modelo de cooperativa dos servizos. Que non se sitúa nin do lado dos produtores nin dos consumidores, senón nun estadio intermedio.
Implementación de produtos culturais dos seus socios que manconunan os seus recursos produtivos.
Produción. Edición e distribución como grados dun proceso.
Produción (grado cero) Aceso ós medios de produción da cooperativa. A cooperativa coma maquinaria común. Emprega tí mesmo a maquinaria de produción da cooperativa.
  • Banco de recursos. Recursos cos que contamos na rede de espazos que xa temos.
    • Espazoss de produción: alg-a (vigo) Baleiro (Santiago de Compostela), Episodio Piloto (A Peregrina, Compostela), libraría Invisibel (Coruña)
    • Canle rtv ou net tv:
      • Streaming & directos (a túa propia canle)
      • programas, reportaxes, docus de interese
      • promos & publicidade
        • patós asociados ( emisión & recepción; sensores, arduinos, ec)
        • conexión entre espazos (canle interna)
        • aplicacións para móbiles, inteactividade con oxectos artísticos e artesanais, mail art.
    • Cousateca Espazo de intercambio de obxetos e ferramentas. Dispoñendo delas segundo criterios partillabilidade.
Edición: xeneración de documentos e rexistros dun proxecto.
    • Deseño gráfico, páxinas web, elaboracón de promos, vídeos, etc.
    • Sonido, ilunicación, video , cobertura streaming de eventos
    • realización de dossieres
    • imprenta de libros.
Distribución: Creación ou atención nun estadio intermedio entre o público e o privado. Desmarcación territorial das nstitucións públicas para unha posible produción nómada. Pedro Soler invitounos ó Taller de Telepresenza que se fará na Laboral de Xixón.
    • Comisariados (feiras, exposicións)
    • convocatorias, subvencións
    • eixo atlántico (fondos europeos) Próximo encontro en Arteleku (San Sebastián).
    • a nosa propia rede?
Buzón de proxectos:
Mecanismos para a adquisición de proxectos.
    • Feia Imaxinaria
    • antropocodemeeting
    • unpack/
    • ...
A cooperativa un proxecto robusto e lixeiro.
Actualmente o proceso da coopeativa está en proceso de asesoramento con Sinerxia.

COUSATECA ( Partilla real xa) Mark (Valencia)
cousateca basada nunhas normas de partillamento que poida replicarse
especificamos normas de uso para un software pero nos hemos olvidado de lo analógico. Hardware libre comienza a usarse las licencias de creative commons, pero no se aplica a nuestra realidad.
No es trueque. Pretende delcarar unha universalización del bien. Sharefull (base pura) Sahring invitation (reglas específicas)
Cosateca (palabra derivada de biblioteca). El término no es suficiente porque en las bibliotecas prestas un libro, durante dos semanas es tuyo, se convierte en una propiedad privada que restringe el acceso a los demás. Sin embargo con el texto normativo del Sharing invitation.
¿Cómo solucionar los casos de concurrencia competitiva? Tenemos que acceder sólo a la propiedad privada como solución? Esto en la cultura libre o en el software libre no ocurre, porque la abundancia es mayor.
La concurrencia competitiva se solucione a través de una subasta dirigida viralmente. Quién ofrece algo parecido a lo que va a usar para optar al uso de algo. Por lo que el "perdedor" en la subasta puede conocer otras ofertas.
Competition Resolutions Una normativa posible y ejemplos de casuística.
Cosateca: Se puede inventarizar los recursos a cualquier nivel. Cláusulas más restrictivas del idel de compatibilidad. Cláusulas comerciales aplicables a la invitación a la compartibilidad. Por ejemplo, comparto mi coche pero antes quiero recibir 100 euros, o comida durante esos meses. Objetos comaprtibles vendibles: Acuerdo con un establecimiento comercial para que ceda el 10% de la propiedad de un objeto que venderá, que durante el 10% del tiempo será de uso compartible.
El objetivo es salir de aqúi con un formulario que el propietario de algo puede aplicar (tipos de cláusulas) al objeto que quiere compartir.

PLATAFORMA ARTES ESCÉNICAS (Marta Inversa teatro)
Outras asambleas en torno ó asociacionismo cultural como saídas ó desmantelamento cultural que está a azotar a toda Galicia.
Asamblea de Escena Galega (Asociación de Actores, Danza, Magos e Ilusionistas, dobraxe, míusicos... etc)
Comunidades creativas Agora.
Nas asambleas de artes escénicas están aínda poñéndose dacordo en qué facer. Falase da posibilidade e necesidade de cooperación. Un dos temas básicos en relación ás artes escénicas. Cuestiónanse se é posible cobrar "a taquilla" ou se hai que segur a cobrar da Administración. A escena Galega considera que é unha involución grande asistir a lugares nos que non se asegure un minimo para cubri-la seguidade social dos traballadores. A precariedade absolua. A postura que toman estas asambleas é que isto non se pode permitir. En Galiza non hai eduación de consumo cultural, o público non ten costume de pagar entrada.
Convidar ó sector das editoriais de Galiza, saber en qué situación se atopan. xerar puntos de encontro.
Espazos. Reinvindican a TOMA de espazos públicos. Reivindicar a propiedade pública e compartida dos espazos públicos. Virar as tornas das relacións de poder. Asumir o poder que coma artistas temos no sentido de creadores de contidos que "eles" xestionan. Pechar a Axencia de Industrias Culturais se é que non funciona.
Respecto á cooperativa Marta aporta: A fábrica en O Porto: Banco de materiais usados.
¿Podería sobrevivir as artes escénicas sen subvencións?
Marta contesta que non. Lamenta o exceso ou abuso das subvencións que non se reinvirten.
Responsabilidade da Administración e dos Proudutores, compartida, á hora de empregar os fondos públicos das subvencións. ¿Qué criterios rixen a asignación de fondos? ¿Cómo se avalian os rendimentos?
Desproporcionalidade moi grande e o moi pequeno. Se este encontro é moi oFF, o outro é moi ON.
Non existen os espazos intermedios. A admiinistración interésalle manter produtos culturales Off porque lle dan prestixio (apunta Marta) e denuncia que as grandes compañías de teatro estanlle a pedir ás pequenas que lles axuden agora, cando eles non fixeron nunca nada por eles, que teñen o poder de impoñer condicións. Estamos (dende o pequeno) financiando cousas con créditos persoais de moi altos intereses.

AXÓUXERE (Edición independente)
Abarca a edición de pensamento contemporáneo xa que estamos nun momento da actualidade mo mo compreso. Céntrase no enasio non tanto para buscar solucións senón unha análise textual que permitan vislumbrar váis, camiños para moverse. Axóuxere é un proxecto que está alén do editorial aínda que esta é a súa manifestación máis evidente. Potenciar a reflexión.
Como editora, traballan cunha distribuidora (Pragma - cooperativa de cinco pequenas distribuidoras). Normalmente as distribuidoras levan o 60 % do prezo do libro. O resto se reparte entre librería e editorial. Con Pragma, fan 50 %. De tódolos xeitos, todos traballan por outro lado para a subsistencia persoal. Pero sí teñen a intencionalidade de viabilizar a produción, buscando outros modelos de xestión que posibiliten o desenvolvemento de cada un dos proxectos que por exemplo se traen aquí. Neste sistema é complicado. Pero o que se busca, en medio de todo este cruce de relacións, xa non o estar neste lado (off) ou outro (on), senón cortar directamente coa propia dialéctica. Dicía Zizek nun texto que hai un dicir NON necesario. Axóuxere traballa pensando que máis alá da senda oficial (imperial) e da absoluta sombre, hai sendas intermedias. Hermes era o deus da música, do coñecemento, pero tamén dos ladróns, dos traficantes... tiña a capicidade de dicir por aquí sí, por aquí non... Nos espazos públicos, onde están as tropas que imperialmente emiten os discursos, tamén hai que estar. Ter a capacidade de emitir outros discursos. Non se pode un durmir. Hai que ser un pouco budista, como esa espada que corta para fóra e para dentro, cando cortas algo, cortas tamén parte do teu corpo...
Hai un interese en axóuxere tamén no ético, no comunitario a través do creativo.
Unha crítica uniderccional, demonizando ao inimigo, ten que ser revisada para non caer na dialéctica que favorece ao sistema. Desde axóuxere non teñen moita idea de onde van chegar, pero camiñan sen entrar nese eixo unidireccional xa medido e preconstruido.
Cando queremos organizarnos, dalgunha maneira queremos sustentarnos no sistema que xa hai. Non sabemos se é posible asociarse sen acollerse a un dos modelos legais estabelecidos. É posible buscar unha adaptación da forma á propia singularidade de cada un en relación cos outros?, e colectivamente xerar un curso diferente?
A propia orixe de Axóuxere pode ser un exemplo. Nace dun intento por crear unha comunidade convivencial, do cruce de moita xente diferente que formou unha universidade libre, etc.


18:00- 18:30 Patio BBAA Espazo 10
Pausa lúdica.
Proxección do documental ARTE+ ESPAZO PÚBLICO: A CIDADANÍA (Baleiro)
Performance de Revista NÚA (montaxe do nº 4 da revista)
VISITA DO PROGRAMA DA RTVG "ZIG ZAG" ó CULTUGAL OFF FEIRA IMAXINARIA

RURAL BRUTAL (Baleiro)
Un intento de configurar un centro ou marco en torno ao que facer xirar diferentes procesos de produción (obra artística, textos, eventos, exposicións, etc.). Recollería diferentes liñas de investigación e de creación que asumen o contexto ''rururbano'' galego como lugar para unha estética contemporánea (máis alá do urbano e o tradicional).

MARIA MARCO (nova publicación online sobre arte contemporáneo)
En colaboración con Mauro Trastoy. A intención é crear para un lector máis coñecedor da arte, co obxectivo de que afonde nos proxectos dos artistas. Centrada máis que en produción textual, no portafolio, na creación visual específica para cada edición.
A estrutura é moi sinxela: cunha editorial en cada número e artículos ou traballos de artistas. Descarregable en pdf...
Un proxecto sen ánimo de lucro, feito coa idea de crear contexto crítico.
Contén tamén un índice de publicacións online sobre arte contemporánea, e un blog.

ALG-A. Proxecto Unpack
Un proxecto presentado a verkami, plataforma de microfinanciación (croundfunding). Trátase dun vehículo de 7 prazas preparado con cámaras e sensores para que o coche configure unha viaxe modificada experiencialmente a través das reaccións e as sensacións dos ocupantes.

THE MILENA PRINCIPLE (http://www.themilena.com/)
Un proxecto que se localiza en Bélxica pero que conta con colaboradores en Alemaña, Francia, España (escoitar.org). Pretenden traballar traspasando fronteiras entre a cultura, a arte, a ciencia, a tecnoloxía, a filosofía. Buscan reactualizar o movemento que se produxo en Flandes no Renacemento, cando artistas e cienctíficos desplazábanse e viaxaban para se comunicar e expandir os seus coñecementos. Parte dun utopismo: o corpo como medida do mundo. A relación entre ciencia, arte, filosofía é o corpo que percibe todas esas liñas diferentes. Consideran a compatibilidade entre tecnoloxía e ecoloxía, pero a partir da seneridade, o silencio, e o ritmo lento dunha experiencia urbana diferente.
Falan da conexión Durero, a importancia das súas viaxes...
En Atenas fixeron un proxecto sobre o silencio nas cidades, xusto nos momentos das maiores protestas na rúa... o que produciu un interesante proceso: mostrar a disconformidade a loita a través da pausa e plantexar unha política poética, unha política do corazón.


19:00-20:30 Aula BBAA
Organización das mesas de traballo:
  • División de equipos de traballo
  • Confección da ficha para os datos económicos dos custes de producción a analizar na mesa Servizos
  • Reparto de tarefas para a mesa Proxectos que afrontará a elaboración dun dossier e a gravación dun video de presentación da canle Adlántida rtv para presentalo á plataforma de crowdfunding GOTEO, a posible formalización múltiple de Rural brutal e a proposta de colectividade de colectividades á busca dun espazo industrial feita dende Amalgama.

20:30 Patio BBAA
Actuación de Pablo Orza (a confirmar)

VENRES 2

10:30 Aula BBAA
Café- Presentación do programa de traballo acordado o día anterior e breve recordatorio e instruccións para o Action Cover Party que terá lugar a última hora.

11:00:13:00 Aula BBAA
Traballo por separado dos equipos das mesas. Tarefas.

13:15-14:00 Aula BBAA
Posta en común. Conexión, solución de dúbidas técincas ou teóricas, aportacións, etc..

16:00- 17:00 Aula BBAA
Gravación video de presentación Adlántida.rtv- GOTEO
PRESENTACIÓN REIVSTA NÚA
Publicación adicada á reflexión, ó proceso e a creación escénica. Equipo formado por Diana Mera, Zaida Gómez, María Roja e Julio. Está feita na casa eimpreso na propia casa cos medios dos que dispoñen; o que supón un traballo de maquetación moi forte, de composición e traducilos. A liña é publicar en galego aínda que os autores non pertenzan ó ámbito galego, como posicionamento respecto ó idioma. Cada presentación da revista ven asociada pola presentación doutros traballos de creación en proceso e en cada número faise nun espazo distitnto. O próximo número será na sala Xantar de Santiago. O proxecto trata de ser experimental dende unha perspectiva artesanal do papel. Presentan a colaboración de Berio Molina que consistiu na gravación dun paseo sonoro "de domingo" centrado no aburrimento o a detención do tempo como proposta performativa. Perfomrativizar o propio medio da edición é un dos obxectivos da publicación. O estar asociadoa ós procesos de creación
Forman parte da coordinadora de Revistas a nivel ibérico. A preccariedade non implica a desvalorización dos contidos.

ADLÁNTIDA RTV
Seguindo coa proposta presentada durante o I ENCONTRO OFF, en Setembro, Adlántida rtv presenta o seu proceso de traballo "in progress"
O obxectivo era presentar á plataforma de crowdfunding GOTEO o proxecto. Fundación fontes abertas é que suporto a actividade de GOTEO que se quedan cun oito por cento de beneficio e calculan un dous por cento polas transferencias monetarias que fan os participantes. As condicións para partipcar en GOTEO que solicitan:
Descrbir as características básicas do proxecto: radio televisión online baseada nun servidor streaming e nunha biblioteca. As usuarias terían unha canle cada unha que podería ser incrustada no medio de cada usuaria e que mediante un rss se puidese publicar toda a actividade. Tamén tería unha canle na que habería unha grelha.
Invitación e a quen vai dirixido o proxecto: A motiviación sería dotar dunha estructura de visibilidade relacionada coa cooperativa como ferramenta de traballo ou difusión do traballo xa feito. A orientación está dirixida sen límites territoriais aínda que en principio polo seu contexto máis próximo presentaríase en galego.
Costes: (mínimos e óptimos) Deseño e desenvolvemento; Configuración e mantemento, Aloxamento e Comunicación.
Retorno: qué é o que os participantes reciben a cambio por aportar fondos. Por 10€, recoñocemento na web, 50€ conta de administración dun canal (cada colectivo, individual ou insititución ten o seu canal propio) 400€ Dereito a un ticket no caso de que algún partipante teña unha necesidade moi específica, que supoña o desenvolvemento dunha aplicación en concreto que se desarroiaría con eses fondos. 600€ Cofinanciador estrela (Recoñecemento destacado en web e notas de prensa).

PRESENTACIÓN N-1
https://n-1.cc/ como posible foro de traballo onde centralizar as comunicacións.



16:00-17:30
Traballo por separado dos equipos das mesas. Tarefas

17:45- 18:30
Posta en común; conclusións e organización do traballo pendente e próximas accións.

19:00- 20:30 Sala X
Action Cover Party GZ

21:00-0:00 LIceo Mutante (por confirmar)
Festa Peche CULTURGAL OFF FEIRA IMAXINARIA
Concerto Madame Cell e fin de festa.

PARTICIPANTES:
BALEIRO, CULTURE WORKERS, ESCOITAR, ALG-A LAB, UNIVERSIDADE INVISIBEL, TEATRO RESOANTE, FUNBOA ESCÉNICA, AXÓUXERE EDITORA, ESTALEIRO EDITORA, NON OU EDICIÓNS, AMALGAMA, EPISODIO PILOTO, MADAME CELL, OLHOLIVRE, XENERATECH, DESORDES CREATIVAS, BRIGITTE INDUSTRIE, ACTION COVER PARTY, REVISTA NÚA, PLÉTORA, DIACRÍTICO, TENDIENDO A {0}, HEDONISTAS, TAYONE, INVERSA TEATRO.