MESA ACCIÓN

Ademáis das liñas de acción crítica e de relación coa institución e demáis axentes, a mesa ACCIÓN pretende traballar en paralelo de forma independente e dende a súa propia linguaxe estética, política ou discursiva.
Decídense tamén as próximas accións a partires de agora.

  • Continuar coa celebración de Encontros OFF alí donde haxa unha iniciativa cultural que nos implique, coidando de atender a tódo-las disciplinas artísticas, de creación, produción e distribución e abrindo as convocatorias á intervención de novos axentes.
  • Próxima cita do Encontro OFF: O OFF CULTURGAL; 2-4 de Decembro, Pontevedra.
  • Proposta de talleres bimensuais en relación á plataforma de financiamento de proxectos de cultura libre de Platoniq, GOTEO
    • Taller dun día de traballo no que deseñar, gravar e editar un video presentación do proxecto que interese para formar parte de iniciativa GOTEO.
    • Invitar a Platoniq o primeiro dos talleres para implementa-la súa metodoloxía e ferramentas.
  • Manter a programación lúdica noctuna coma actividade fundamentalmente interdisciplinar.
  • Plan de identificación de demandas reales que temos entre nós e formación de cuadrillas de traballo.
  • Acción pedagóxica e formativa. Formación non regrada, cualificada, especializada e profesionalizante segundo os nosos coñecementos comúns. Plantexamento de liñas e proxectos de investigación.
  • Accións de "recuperación" material e de recursos de cara a unha xestión sostible.
  • Introducir sesións de "Culture Catch" : Sesións de debate e enfrentamento con xestores culturais do momento.
  • Creación de espazos intermedios entre a Institución e o sector industrial.