MESA DE CALIDADE

Cal é o escenario artístico e de creación que nos gustaría ter e cales serían as súas condicións mínimas de calidade.
Como nos gustaría que as institucións, os axentes privados e as nosas propostas se comportaran con todas as persoas creadoras, colectivos, asociacións, empresas culturais...: Políticas de relacións.

  • Establecer a longo prazo un código de boas prácticas culturais esixibles a nós mesmos e ós nosos interlocutores.
  • Comezar de forma inmediata por establecer as condicións básicas esixibles para a redacción dunha convocatoria pública, sexa para encontros, certames, premios, becas, etc.
    • Primeiro caso de avaliación: convocatoria ó encontro de Artistas Novos da Cidade da Cultura.
  • Creación e deseño de etiquetas de calidade (físicas e dixitais) a aplicar ás convocatorias, eventos, exposicións, negociacións e programacións culturais da nosa entorna; de maneira que supoñan unha guía de calidade para todos nós.
  • Constitución dun Observatorio para o seguimento de eventos e aconteceres culturais, a súa evaliación e o seu etiquetado.
  • Xerar modelos e instancias de aceso público adaptadas ás condicións mínimas das boas prácticas.

Criterios para a redación de convocatorias:

  • Transparencia
    • Publicidade dos proxectos presentados á convocatoria.
    • Publicación e definición dos criterios de seleción.
    • Publicidade do percorrido e destino final da obra presentada.
    • Comunicación ós interesados dos motivos de non seleción.
    • deliberación pública do xurado.
  • Responsabilidade fiscal
    • Non facer pasar becas por certames nin á inversa para obter un tipo de gravamen menor.
    • Non ofertar becas que computen na declaración do IRPF coma rendimentos de traballo que ilegalmente, non contemplan a cotización á seguridade social.
    • Adoptar unha política de denuncia ante este tipo de prácticas.
  • Establecer un sistema de quendas nos procesos de seleción.
  • Esixir a redación de bases suficientemente amplas coma para non ter que incumpli-las despóis.
  • Denunciar o incumplimento das bases das convocatorias durante o proceso de seleción, o fallo e o almacenaxe da obra presentada.
  • Contemplar a produción da obra e a distribución da mesma.
  • Eliminar as políticas de exclusividade na presentación de proxectos.
  • Necesidade de aportar dossier de traballo e non obra producida ós certames.
  • Contemplar os custes da produción da obra en aqueles casos que a convocatoria supoña a montaxe dunha exposición.
  • Posibilidade de apelar ó faio do xurado en caso de incumprimento das bases.
  • Exhibición da obra nas condicións que esta esixa.
  • Acompañamento das bases cun modelo de proxecto ou dossier a presentar cun formato e deseño igual para todos.
  • De ser unha convocatoria dunha entidade pública esixir a ubicación da obra premiada ou selecionada nun espazo público.
  • Redación de bases coherentes coas condicións básicas de viabilidade das prácticas artísticas que se pretenden apoiar ou premiar (formatos, dimensións, modos de presentación, etc)
  • Creación dunha base de datos coa documentación, obra e proxectos presentados nas diferentes convocatorias.
  • Promover as convocatorias de produción e investigación en relación con políticas e ofertas de residencia.
  • Denunciar a publicidade engañosa das convocatorias, becas e premios no caso de que ésta exista.
  • Riguroso cumprimento da lexislación vixente en materia de proteción de dados de carácter persoal.

LIÑAS DE DISCUSIÓN ABERTAS

  • Evitar que as convocatorias para becas e certames e as súas políticas de "casting" sexan as únicas vías de aceso dos creadores ó mercado e ós circuitos de distribución e exhibición.
  • Evitar a dinámica de competitividade, inmediatez, de fascinación polo éxito que supoñen estas políticas e o desinterese que amosan pola traxectoria real e complexa dun traballo artístico.
  • Elevar o nivel de intolerancia e esixencia frente as prácticas, condicións e selecións abusivas.
  • Evaluar a vixencia do "criterio do gusto" como criterio de seleción, sendo como é unha cuestión anacrónica e totalitaria.