PARTICIPANTES

Daniel López, Baleiro.
O traballo de Baleiro é o da produción de traballose proposts artísticas e a construción dun espazo.
http://www.baleiro.org

María Chenut; artista
O descoñecemento da oferta artística e a programación de outros lugares.
http://mariachenut.wordpress.com

Xoan Xil e Horacio González, de escoitar.org
A falta de dinámicas coa actual xestión dos recursos para cultura que non está a tender cuestións de produción ou investigación. Propoñen as problemáticas institucionais. Qué vai pasar coa cultura en lugares coma Galicia, coa escasa dotación que xa ven tendo dende sempre. A produción de mercancías no eido artístico. frente outras prácticas artísticas máis sociais e desmaterializadas para as que non hai aceso a fondos públicos xa que o espazo público sería o seu lugar.
http://www.escoitar.org/
http://www.notours.org/
http://freesound.org/
http://www.flickr.com/search/?q=macrofono

Paulina Funes; artista visual e escénica - cía. Funboa escénica e cía. Traspediante
No eido das artes escénicas nas propostas menos narrativas atópase coa falta de interese e coñeccemento porparte dos programadores. A Falta de risco. Posibilidade de comezar a falar dun "estatuto" de artista. A falta de espazos que seguen baleiros e sen uso tanto na cidade coma no rural.
http://traspediante.blogspot.com/
www.paulinafunes.es
http://funboaescenica.blogspot.com/

Man Hauser (bio); artes escénicas e visuais en relación coa pedagoxía
Proxectos individuais (www.teatroluz.es) Dimensión colectiva, comunitaria e cooperativa con proxectos como Alg-a Lab; Creación dun espazo colaborativo. Reflexionar sobre a falta de comunicación aínda que ¿ en qué termos nos plantexamos a comunicación? ¿é positivo ou negativo? ¿hai necesidade real dos espazos físicos? A optimización dos recursos que xa temos. Pensar a noción de espazo. Posibilidade da autoxestión a través da estratexia de espello do encontro co fin de mellorar na autoorganización. Protocolos e manuais para poder obter recursos de forma colaborativa.

Pablo Portero; guionista y director; productor editorial e audiovisual [VoltaeVolta]; formador, fotostory: Composteland
Mundo urbán e as súas contradicións. Asociación en Ferrol Axente cultural (axentecultural.org); oferta de cinema nunfa cidade deprimida como Ferrol. A situación de crítica interna no audiovisual existe, fruto do cambio de goberno entre outras cousas. Estanque pequeno e estanque grande: Galiza como lugar no que existe un estanque grande e outro pequeno. Público/privado moral creativa para saber cómo actuar frente á necesidade de fondos e relacións coa institución. Tema político/lingüistico: chega aquí trala edición dun curtametraxe "sen idioma" para salvar estas dificultades. Relación do tema lingüistico e político vén da man e influencian as nosas relacións.

Vanesa Sotelo; directora de escena e actriz; Inversa teatro.
As batallas de subsistencia. Estado de asombro permanente coa non política que hai, non só no ámbito institucional. Se está a descabezar os proxectos que xa están consolidados. Esquecemento de festivais de casi trinta anos de experiencia. A falta de responsalbilidade de non saber cara onde vamos e se os axentes de xestión non o fan teremos que facelo dencde o traballo artístico. Os espazoa non teñen por qué ser físico. Falla dos intermediarios para educar, sensibiliza-lo público e as súas demandas. No Instituto os programas de formación. Creación de espazos de exhibición con estabilidade de programación. O curto prazo da programación oficial. A unión como cuestión fundamental. Outros colectivos ademáis dos "novos creadores".

Adrián Hiebra; Galería de arte
Funcionamento do sector privado/público. non é a escasez de recursos, que se pode xestionar, o problema ineludible é a distribución de esos recursos que é de asignación. Concentración excesiva dos recursos. A presión do mercado, a presión da institución e as súas regras de xogo que poden influir ou non nos contidos. ¿en que condicións repártense os cartos? A falta de claridade con estas cuestións. A industria cultural e a súa falsa aportación á economía, que distribúen os cartos de maneira inapropiada xerando proxectos que non aportan nin beneficio nin contido.

Emanuela Saladini; investigadora na Universidade
Centros ou espazos culturais baleiros. Falta de rede de espazos para proxectos itinerantes. Coñecer proxectos. Creación dun "axente" de promoción que axude ao desenvolvemento destos proxectos que para sacar adiante supón o coñecemento do que está ocurrindo no sector. Na presentación desta proposta a resposta foi a falta de claridade por pedir fondos á parte pública e á privada, o que por outra parte sempre foi así. Que problema hai cos fondos mixtos? A transparencia dos recursos e os intereses que aí se moven.

Xurxo Durán; Brigitte industries
Espazo alternativo en Francia nun lugar ocupado. O laboratorio trata de levar a cabo proxectos en danza, artesanía, mecánica, etc... Autoxestión e dinamización de artistas locais. Teñen os mesmos problemas palantexados neste encontro off. Deslocalizar o proxecto e tratar as problemáticas do espazo interior/exterior, privado/público, formal/informal. O colectivo é tamén un artista ao que os seus membros ceden as competencias e no que se dan tódalas escalas da cadena de produción. Políticas de exposición. Implicación dos artistas en todo o proceso da exposición. Profesionalización do traballo frente á falta de profesionalidade da institución. Artistas acostumados ao sistema de clientelismo central o que se traballa. Evolucionan xunto coas súas intencións. Versatilidade do espazo. Dar cabida a artistas que no teñen un sentido de produción de obxectos senón de produción de sentido. Traballar desde o mundo da ocupación de antiguas naves industriáis. Todo tipo de talleres de artes e oficios. Na alternativa hai moitos sentidos diferentes non exentos de problemas. Temporalidade das exposicións variable. Apoio á profesionalización dos proxectos artísticos coidando a involucracíón do coelctivo. Autofinanciación total. Traballar desde a incomodidade e as súas especificidades. Loitar contra a acomodación. Repercusión do proxecto debido á falta de mobilidade doutras propostas máis oficiáis. Non son asociación nin teñen personalidade xurídica.

Olmo Blanco; artista visual [Episodio Piloto]
proxecto inmediato que está no seu segundo ano. Non é máis que unha idea levada a cabo que pode moverse rapidamente respondendo ás necesidades inmediatas. Non dependes de ninguén máis que de quen tes ao redor o que non supón poucos problemas. Comparte o exposto. Buscar a independencia? Como podemos profesionalizarnos e como podemos sobrevivir?

Ania, poeta, crítica, miembro de [cultureworkers]
Critica institucional, pŕactica antigua mais que en Galicia non aconteceu. Interésalle a ambigüedade en termos como profesionalización do artista... Calquera persoa que forme parte dun entramado profesional na que se manexan cartos debe entenderse dentro dunhas condicións laborais. Considera que a linguaxe radical, da creación, é continuamente apropiada por propostas oficiáis baleiras de contido. Na Cidade da Cultura faise precisamente iso, e nin a construcción da infraestura nin a súa política son inocentes. Debemos ser 'capaces' de facer valer as nosas capacidades e ser capaces de 'incorporar, visibilizarnos como un corpo presente. Se fixéramos un mapa, daríamonos conta de que si somos masa crítica. Mais é tamén un problema o xogo de seducción desde a institución, a promesa do éxito, o paternalismo.

Manuel Eiris [http://manueleiris.blogaliza.org],
Diego Sanxoan,
Marta Sweena [olholivre],
Amando; artista,
Pablo Sande, artista plástico http://ekathombre.blogspot.com/ e xestor do Centro de Gravedad Permanente Amalgama en Vigo],
Pelucas [artista gráfico e graffitero -Vigo: perturbano],
Geeksha e Berio: Proxecto net.tv Adtlantida

PROPOSTAS
Protocolos de actuación en las relaciones con los agentes culturales y los entes públicos y privados
División del trabajo
Politización de las propuestas artísticas
FACER UN MAPA DE RELACIÓNS DE PODER EN GALICIA
Desconocimiento de la falta de prácticas profesionales en el campo artístico
Denuncia de malas prácticas.:: Plataforma de crítica
PUBLICA-LO ORZAMENTO DESTA E OUTRAS ACTIVIDADES para detecta-las fugas.
prácticas críticas profesionalizadas/ espectacularización de las exposiciones.
QUÉ TRABALLO FACEMOS COAS INFRAESTRUCTURAS
PARA QUÉ SIRVE A CULTURA? SOCIEDADE OU ESPACTÁCULO?
INVESTIGACIÓN ARTÍSTICA

Mañá:
Traballo "UN POBO SEN GALPÓN É UN POBO SEN CULTURA"
1- Manual de Boas Prácticas
Condicións de contratación/condicións dos interlocutores
nodo Ctrl+Alt+Sup
Manual de Como Facer unha Convocatoria
Etiquetas de Calidade -> Prácticas simbólicas, Para Iniciativas Públicas,
2- Visibilización de Datos -> Tipos de Prácticos (Que Artistas que formatos)
http://funboaescenica.blogspot.com/